Blogia
Viaxa con Popi ao mundo dos libros

ACTIVIDADES PARA A DINAMIZACIÓN DA NOSA LINGUA

DINAMIZACIÓN DA LINGUA

Para a dinamización da lingua galega no noso cole o Equipo de Biblioteca, o de Normalización e Dinamización e Actividades complementarias colaboran propondo actividades para que os obxectivos se leven a cabo. A continuación aparece unha relación das actividades máis salientables.

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

O 2º trimestre chega ao seu remate e queremos amosar as actividades levadas a cabo pola Biblioteca e a súa mascota Popi.

O primeiro concurso do Sabichondo, nel os rapaces e rapazas tiñan que adiviñar que profe correspondia coa foto antiga que aparecía no panel.

E como non, houbo gañadores.Os recunchos máis visitados foron o de investigación e o taller de confección de cortinas.

Tamén houbo outro concurso do Sabichondo, esta vez ía de dinosaurios, había que adiviñar o nome.

Por suposto houbo gañadores tamén.

A nosa Biblio tamén chegaron moitos, moitos libros, primeiro para catalogar e logo serán para que o pasedes moi ben coas súas aventuras.

E unha sorpresiña máis, temos máis equipos informáticos para que veñades traballar moito e por suposto investigar pois son para o recuncho de investigación.

PROGRAMAS RADIO FALADORA

No seguinte enlace pódese ver e ler unha recopilación dos dez programas de radio emitidos durante o 2º trimestre.

Como xa sabedes o programa emítese os xoves despois do recreo de Primaria, pero por se alguén non o puído escoitar ese día ou quere voltar a escoitalo, cada semana tamén aparece aquí nesta páxina o enlace para o programa desa semana. E no remate de cada trimestre faise unha recopilación do guión escrito do programa.

Agardamos sexa do voso interese e tamén se aceptan suxerencias para mellorar.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/prog_radio_2__t

0 comentarios