Blogia
Viaxa con Popi ao mundo dos libros

O samaín

O pasado venres 29 de outubro celebramos o Samaín no cole. Durante o recreo na biblio tivemos varias actuacións para festexalo. Os nenos de 1ºB  estaban todos disfrazados de pantasmas e deleitáronnos con dúas cancións en inglés, tituladas: “I Llike Halloween” e “Trick or treat”.

Uns alumnos de 3º ciclo contáronnos algunhas historias arrepientes, que daban moito, moito medo e lendas como a historia da “Coca de Redondela”: Loida de 6ºB, Patricia de 6ºB e Ángel de 5ºA. 

O profe de inglés Hill estivo connosco este día de celebración, disfrazándose de monxe malvado e fixemos con el a tradición do “Trick or treat”.

Dende o Equipo de Biblioteca agradecemos  a colaboración do departamento de inglés, dos Equipos de Normalización Lingüística, de Actividades e moi especialmente, do de Imaxe coa profe Ceci.

0 comentarios