Blogia
Viaxa con Popi ao mundo dos libros

Chamádeme Simbad

O luns 16 de xaneiro tivemos a xuntanza do Club de lectura co libro Chamádeme Simbad do escritor Francisco Castro.

Os asistentes afirman que foi unha lectura fácil e que non lles levou moito tempo ler o libro.

Tania Iglesias de 6ºB di que lle chamou a atención que o neno fose só a buscar ao avó.

Nicolás  Astray de 6ºA comenta dúas escenas graciosas do libro e di que se nese momento pasouno ben porque lle fixeron moita graza.

Nicolás tamén di que o que menos lle gustou do libro foi que os pais do protagonista querían enviar ao avó a unha residencia.

Tivemos unha conversa moi amena pois falamos de diversos temas acerca do libro e tamén da enfermidade do Alzheimer.

1 comentario

Tomás de 6ºC -

A mi ese libro gustoume moito