Blogia
Viaxa con Popi ao mundo dos libros

CLUB DE LECTURA MES DE FEBREIRO. GRUPO A

LIBRO “CHAMÁDEME SIMBAD” DE FRANCISCO CASTRO.

COMENTARIOS:

 

A Pedro de 6ºC gustoulle a parte cando o avó de Paulo chamáballe Simbad ao neno e cando xogan a ser piratas.

A Angélica de 6ºA pareceulle un pouco triste o libro porque ela ten a súa avoa en Colombia que sofre alzheimer e ela recoñecía moitos dos síntomas da enfermidade no libro.

Eva de 6ºC dixo que lle gustara o libro sobre todo polo inxenio que tivo Paulo para atopar ao seu avó.

 

As profes Marga e Mar plantexaron temas aos rapaces como o feito de  coidar ou non aos nosos maiores dentro do entorno familiar,  que papel xogan os xeriátricos ou os centros de día na sociedade actual, etc.

0 comentarios