
LETRAS GALEGAS 2009
RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ
INFLUENCIA EN XERACIÓNS DE GALEGUISTAS
Ramón Piñeiro naceu en Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915 e finou en Santiago no 1990, tivo gran influencia nas xeracións galeguistas, logrou, segundo a Real Academia, que o galego superarse a cualificación de lingua rural ou poética na que estaba encadrado.
O labor ensaística de Ramón Piñeiro, recollido parcialmente nos libros “Olladas no futuro"”, "”Galicia"”, "”A linguaxe e as linguas”" ou “"Lembrando a Castelao”", que reflicten os eixos fundamentais do seu pensamento e destacan a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como "camiño fundamental para a súa realización como pobo".
IMPULSOR DA NORMALIZACIÓN
O seu labor como impulsor da normalización do galego nos anos difíciles da postguerra, o que quedou recollido en numerosos artigos e actividades, como a publicación do Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González.
Como director literario da editorial Galaxia, tamén contribuíu á publicación de numerosos libros en galego nos anos anteriores á transición democrática.
Piñeiro tamén destaca como animador cultural galeguista, recollido en actividades tan singulares como a colección Graal e a Revista Galega de Cultura, que recolleu a maioría do traballo ensaístico galego
PRIMEIRO PRESIDENTE DO CONSELLO DA CULTURA
Foi elixido en 1967 como membro numerario da Real Academia, á que se incorporou cun discurso sobre a linguaxe e as linguas.
Tamén participou na creación do Consello da Cultura Galega no ano 1983 e foi o seu primeiro presidente, ata a súa morte.
Outra das súas facetas foi o seu labor "socrática, exemplarizada nas conversas, na súa intensa e xenerosa correspondencia epistolar fóra e dentro de Galicia, en concreto en relación coa mocidade" e con toda "persoa que tivese Galicia como referente das súas actividades ou ideais".
Clara e María de 6º B
0 comentarios