ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2009
ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS
RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ
Achégase a data da conmemoración do Día das nosas Letras, e como todos os anos no colexio imos traballando o autor, este ano Ramón Piñeiro, paseniñamente dende comezos do ano. Entre todos vaise participando na elaboración dun mural no corredor do colexio, ao que se lle van engadindo datos a medida que o curso avanza, primeiro comezase coa caricatura e nome, logo biografía, datos históricos relacionados co autor e lemas en prol da defensa do idioma. Cada nivel vai facendo a súa aportación.
Pero para que poidamos seguir coa investigación e traballando o autor, hai unha serie de ligazóns que podemos aproveitar, dado que outros compañeiros elaboraron e colgaron na rede para compartilos con todos nós. Dende aquí grazas por ese gran traballo.
* á páxina da wikipedia sobre Ramón Piñeiro López:
http://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Pi%C3%B1eiro
* á páxina sobre Ramón Piñeiro do Seminario Galán:
http://www.seminariogalan.org/
* á páxina sobre Ramón Piñeiro:
http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeados/escritores/ramon_pineiro_lopez.html
* á páxina da Real Academia Galega.
* á páxina da Enciclopedia en galego Galipedia.
* á páxina Vida e obra na BVG.
* á páxina http://www.filosofia.org/ave/001/a072.htm..
0 comentarios