OS COMELIBROS

Xa lle temos nome ao Club de lectura: Os comelibros.
O venres pasado tivemos a primeira xuntanza co alumnado que vai participar no club.
Os libros que imos ler este mes son:
- O carteiro de Bagdag, de Marcos Calveiro.
- Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere, de Klaus-Peter Wolf.
Este club de lectura non sería posible sen a colaboración de:
- Edicións Tambre, que nos fixo un moi bo agasallo.
- A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, por enviarnos agasallos para o alumnado participante.
- Beatriz González, do Bibliobrey, por animarnos, asesorarnos e prestarnos libros.
- Das mestras que se apuntaron ao proxecto sen dubidalo.
- Do alumnado que está a mostrar moita ilusión por participar no club.
- E, como non, ao director, Regino Garrido, que aposta polo libro e a lectura a pesar de que os Centros de Educación Primaria non contemos cun presuposto para estes proxectos.
Grazas.
2 comentarios
Ruth -
Espero que esta iniciativa se consolide e teña cada vez máaaaaaais membros entre os que espero atoparme.
Biquiños.
BIBLIOBREY -
Apertas como páxinas
Bea