AVENTURAS DE "LA MANO NEGRA"

Hans Jürgen Press autor autor e ilustrador do libro que traballamos no Club de lectura, Aventuras de “la mano negra”, naceu en 1926 nunha vila alemá moi próxima aos lagos Masurianos.
Tiña cinco anos cando comezou a debuxar. Durante a guerra realizou moitos bosquexos do mundo animal e vexetal e por esas datas publicou os seus primeiros debuxos humorísticos.
Publicou na prensa debuxos satíricos, caricaturas, historietas e pasatempos.
Os seus libros son de tipo policíaco infantil e xuvenil, nos que destacan as ilustracións, xa que con elas se pode resolver unha serie de enigmas propostos nos textos.
0 comentarios