ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO

Hoxe tivemos no cole o encontro co escritor Francisco Castro.
Falounos do seu libro Chamádeme Simbad, falounos do Alzheimer, falounos dos seus novos proxectos editoriais que están a piques de saír do prelo, entre outras moitas cousas.
O noso alumnado non perdeu conta da batería de preguntas que levaban preparadas. Coas respostas do autor descubriron canto tempo lle levara escribir o libro, en quen se inspirara para escribilo...
Moitas grazas Francisco por agasallarnos con este encontro.
0 comentarios