Blogia
Viaxa con Popi ao mundo dos libros

CLUBE DE LECTURA GRUPO B

 OBRA: CHAMÁDEME SIMBAD

 

O principio da charla preguntouse: coñecedes a alguén que teña alzheimer?.

algúns responderon:

 

  • Santiago Cuevas ( 6ºA) :” A bisavoa dun veciño fala coa miña avoa que xa morreu e ademàis sempre está a recordar cando ela era unha nena pequena “.

 

A actitude do pai do protagonista do libro (Simbad) co seu teléfono varios rapaces opinaron o que segue:

 

  • Santiago (6ºA): “O pai ten un vicio: falar por teléfono”.

  • Samuel (6ºA): “só atende o teléfono e non conta coa familia”.

  • Lara (6ºB): “Debe pagar unha boa factura de teléfono”.

 

O máis comentado foi a solución final da historia, coa que todas estaban de acordo. coa puntualización seguinte:

 

  • Iván (6ºA): “ A nosa avóa vive con nós na casa, e agora temos que coidala porque é maior e ela nos coidou a nós cando éramos pequenos”.

 

 

 

 

0 comentarios