Blogia
Viaxa con Popi ao mundo dos libros

Os Comelibros no mes de febreiro: Kika Superbruxa no Salvaxe Oeste

Os Comelibros no mes de febreiro: Kika Superbruxa no Salvaxe Oeste

Desde que un bo día atopou un libro de maxia ao carón da súa cama, a Kika encántalle facer feitizos, aínda que a verdade é que ás veces os seus esconxuros teñen consecuencias inesperadas… ¿Que foi o que sucedeu para que Kika se trasladase por primeira vez ao Salvaxe Oeste? ¿Como coñeceu a Empanada Decarne, a Roque Músculos e a Tumbi, o enterrador? ¿Os irmáns Tornado xa eran tan malos malísimos antes das aventuras de Kika Superbruxa e os indios? Pois prepárate, cowboy, porque saberás de todo iso e dun feixe de cousas máis nesta nova historia de Kika Superbruxa!

 Kika Superbruxa no Salvaxe Oeste é un libro do escritor Ludger Jochmann, máis coñecido como Knister. Este autor alemán comezou a serie publicando o título Kika Superbruxa detective.

Os libros están sempre divididos en catro ou cinco capítulos cada un e posúen dous trucos para realizar sobre o tema do que trata o libro.

Knister estudou pedagoxía social. Ademais de libros infantís tamén escribiu obras de teatro e presentou programas de lectura na televisión, a radio, bibliotecas, teatros e librerías. Realizou traballos para mozos e mozas discapacitados psíquicos, cegos etc.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres