Os Comelibros no mes de febreiro: Chamádeme Simbad

O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos...
Chamádeme Simbad é un libro do escritor, coordinador de Novos Proxectos na Editorial Galaxia e blogueiro Francisco Castro.
O autor, nacido en Vigo, leva moitos ans traballando no campo da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para a animación á lectura e o debate cultural dende a súa concurrida bitácora “A canción do náufrago”.
0 comentarios