Marcos Calveiro no Comelibros de abril e maio: O carteiro de Bagdag

Estamos en Bagdad , a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos das mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado.
A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa que non xogan na rúa. Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.
Marcos Calveiro naceu en 1968 en Vilagarcía de Arousa.
Nun principio quixo ser arqueólogo, debuxante de cómics, músico e arquitecto, pero acabou exercendo de avogado.
Gañou o VIIº Premio de Poesía Concello de Carral, o premio Ala Delta, o Lazarillo e o Raíña Lupa.
Ademáis d’O carteiro de Bagdag, publicou os seguintes libros:
Sari, soñador de mares.
Rinocerontes e quimeras.
Festina lente.
O canto dos peixes.
Cartas do terceiro día.
O pintor do sombreiro de malvas.
Settecento.
Centauros do Norte.
Se queredes consultar o seu blog: http://alfaias.blogaliza.org/
XUNTANZA DOS COMELIBROS "GRUPO A" O DÍA 4 DE ABRIL
0 comentarios