Blogia
Viaxa con Popi ao mundo dos libros

Gisbert no Comelibros de abril e maio: Agualuna

Gisbert no Comelibros de abril e maio: Agualuna

Joan Manuel Gisbert (Barcelona, 1949) é un destacado escritor español de literatura infantil e xuvenil. As súas obras foron traducidas a vinte linguas e obtivo importantes premios de ámbito nacional coma o Premio Larazarillo (El misterio de la isla Tökland), o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (El museo de los sueños), entre outros.

Nas súas obras, Gisbert desenvolve singulares aventuras que parten da vida real, da que tamén forman parte os soños e os contidos da imaxinación, para adentrarse nas zonas descoñecidas da realidade, sen descoidar nunca a dimensión artística da escritura nin a riqueza expresiva da linguaxe.

En Agualuna, Amelia abandona os seus país, enfermos de peste e viaxa con outras persoas que fuxen da enfermidade. Ao pouco tempo, un accidente lévaa a separarse do grupo e continuar soa. Atópase cunha muller rara, Bruna, que a acolle na súa casa e a rebautiza co nome de Agualuna. Bruna é en realidade unha bruxa.

XUNTANZA DOS COMELIBROS "GRUPO B" O DÍA 5 DE ABRIL

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres