Blogia

Viaxa con Popi ao mundo dos libros

EQUIPO DE REDACIÓN DO XORNAL ESCOLAR

EQUIPO DE REDACIÓN DA PITA FALADORA Nº 27

Durante o 1º trimestre deste curso 2008/2009 un grupo de alumnos e alumnas de 6º de Primaria estiveron colaborando na redación e montaxe do xornal escolar, A Pita faladora.

Elaboraronse caixas co logo do xornal para cada aula, co fin de que as titoras e titores foran deixando nelas os traballos dos seus alumnos e alumnas para o xornal, logo este equipo pasou polas aulas e recolleu eses traballos para escanear e levar a cabo a montaxe do xornal para a súa posterior públicación.

Neste trimestre só se editou na nosa páxina e imprimiuse un por aula e para a Biblioteca.

Moitas grazas a este Equipo pola súa labor.

 

     LETRAS GALEGAS 2009

       RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ  

INFLUENCIA EN XERACIÓNS DE GALEGUISTAS

Ramón Piñeiro naceu en Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915 e finou en Santiago no 1990,  tivo gran influencia nas xeracións  galeguistas, logrou, segundo a Real Academia, que o galego superarse a cualificación de lingua rural ou poética na que estaba encadrado.
O labor ensaística de Ramón Piñeiro, recollido parcialmente nos libros “Olladas no futuro"”, "”Galicia"”, "”A linguaxe e as linguas”" ou “"Lembrando a Castelao”", que reflicten os eixos fundamentais do seu pensamento e destacan a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como "camiño fundamental para a súa realización como pobo".

IMPULSOR DA NORMALIZACIÓN
O seu labor como impulsor da normalización do galego nos anos difíciles da postguerra, o que quedou recollido en numerosos artigos e actividades, como a publicación do Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González.
Como director literario da editorial Galaxia, tamén contribuíu á publicación de numerosos libros en galego nos anos anteriores á transición democrática.
Piñeiro tamén destaca como animador cultural galeguista, recollido en actividades tan singulares como a colección Graal e a Revista Galega de Cultura, que recolleu a maioría do traballo ensaístico galego

PRIMEIRO PRESIDENTE DO CONSELLO DA CULTURA
Foi elixido en 1967 como membro numerario da Real Academia, á que se incorporou cun discurso sobre a linguaxe e as linguas.
Tamén participou na creación do Consello da Cultura Galega no ano 1983 e foi o seu primeiro presidente,  ata a súa morte.
Outra das súas facetas foi o seu labor "socrática, exemplarizada nas conversas, na súa intensa e xenerosa correspondencia epistolar fóra e dentro de Galicia, en concreto en relación coa mocidade" e con toda "persoa que tivese Galicia como referente das súas actividades ou ideais".

Clara e María de 6º B

A HISTORIA DE POPI

A HISTORIA DE POPI

Hai que salientar que  nos  últimos cursos  con motivo de darlle un impulso ao uso da Biblioteca e animar a lectura aos nosos alumnos/as creouse unha mascota a partires dun concurso entre os alumnos de todos os niveis, saíndo elixida unha vaca de nome Popi, creada naquel curso 2005/06 polo alumno de 1º A Diego Gándara Vila; que nun principio se ampliou en relevo para a porta da Biblioteca e que se encargaba de facerlles chegar unha vez por trimestre unha carta a cada aula onde se lles pedía a creación dun conto a partires dunha idea. No seguinte curso creouse unha mascota tridimensional, o máis semellante a realidade posible, pero tendo sempre como modelo a orixinal, para o interior da Biblioteca e así lles resultase máis motivadora e actuase  tamén como elemento de compañía a hora da lectura.

O curso pasado Popi xa enviou cartas moito máis ilustradas e agora xa empregamos medios  moito máis amplos encamiñados ao emprego das TICs, así os comunicados chegan por medio da Radio escolar Faladora ou o noso blogue.

 20090114113812-img163.jpg20090114114635-popi.jpg

 

BIBLIOTECA

TRÍPTICO INFORMATIVO DA BIBLIOTECA

O Equipo da Biblioteca realizou un tríptico coa información básica para que fagamos un uso correcto da Biblioteca.

Para velo hai que picar no enlace que aparece abaixo.

Moitas grazas pola vosa colaboración e ánimadevos a seguir visitando a Biblioteca e a nosa mascota Popi, que ten moitas novidades para que poidades gozar coa lectura.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/tripticobiblio

Radio Faladora

PROGRAMAS DE RADIO EMITIDOS NO 1º TRIMESTRE

A continuación picando no enlace pódense ler os once programas da Radio escolar "Radio Faladora" que foron emitidos durante o primeiro trimestre a razón de un semanal, en concreto todos os mércores arredor das doce e cuarto da mañá.

Agradamos fosen do agrado de todos e todas, tentarase melloralos coa colaboración de todos os membros da comunidade escolar.

Moitas grazas pola axuda prestada até o de agora e que esperamos siga sendo así ou mellor. Tamén agardamos crítica constructiva.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/radiofaladora1

Radio Faladora

Equipos Locutores de Radio Faladora

Durante o primeiro trimestre botou a súa andaina a Radio Escolar do colexio. Todos os mércores arredor das doce e cuarto do mediodía os nosos locutores, alumnos e alumnas de sexto curso de Primaria, foronnos informando dun xeito informal das novas acontecidas no colexio, así como algunha que outra entrevista aos compañeiros que se prestaron voluntarios a contar saídas realizadas ou información persoal; tamén nos agasallaron coa súa música favorita durante o recreo.

Neste trimestre a nosa radio, que agora xa ten nome, Radio Faladora, estivo dirixida por tres Equipos de Locutores, funcionando un Equipo cada mes.

Nas fotos que están ao comezo deste artigo podedes ver aos compoñentes destes tres equipos.

Noraboa pola súa laboura

TALLERES NA BIBLIOTECA

Na Biblioteca na hora do recreo ademais de ler libros e actuar o servizo de préstamo, tamén funcionan distintos talleres nos que podedes participar. A continuación podedes ver algúns dos que xa funcionan.

CAMBIOS NA BIBLIOTECA

Nos dous últimos cursos na nosa Biblioteca producironse moitos cambios, podedes velos a continuación.

 

SAMAÍN

SAMAÍN

O día 31 de outubro, como cada ano, celebramos o Samaín, festa máis coñecida Halloween, por ser os ingleses sobre todo americanos os que recuperaron e mantiveron esta festa de orixe celta e que tamén se celebra no noso país.

A nós como profesionais do ensino o que máis nos interesa e que nos serve para traballar conceptos e vocabulario nas distintas linguas que se practican no colexio: galego, castelán e inglés; basicamente, porén debido ao gran número de alumnado inmigrante tamén se traballa vocabulario doutras linguas.

A continuación algúns dos traballos realizados con motivo destas datas no colexio nos distintos niveis educativos.

RADIO FALADORA

 RADIO FALADORA

 Para este curso que comezou a súa andaina, unha das actividades para o uso do galego, propostas polo ENDL E BIBLIOTECA,  era a creación dunha emisora de Radio Escolar.

Pois, ben esta emisora xa está funcionando dende o pasado día 8 de outubro; e aínda que estamos aprendendo e facendo probas xa levamos 4 programas, nos que ademais de levar a cabo un concurso para elixir o nome (a gañadora foi unha alumna de 5º: Vérónica Vázquez Pumeda, que nomeou a nosa radio como RADIO FALADORA,este será o nome polo que se recoñeza de agora en diante), xa fixeron a súa intervención os alumnos de 1º B e 4º B.

Da emisión destes programas de radio, que se emite nos mércores alá polas 12 e cuarto da mañá, encárganse  catro alumnos-locutores de 6º que van rotando, neste primeiro trimestre.

Os programas constan de novas do colexio, actividades (adiviñas, monográficos, resumo de saídas...) que os alumnos xunto cos seus titores/as propoñen e música que os alumnos elixen.

Animádevos a  deixar a vosa opinión proposta, así como a participar.

Arquivos adxuntos dos programas emitidos até o de agora.

 

 

RECUNCHO GALEGO

RECUNCHO GALEGO

             Outra das actividades propostas polo ENDL para este curso a nivel de linguaxe escrita é o Recuncho Galego. Tratase de dous murais que permanecerán cada un nunha entrada do colexio para que os alumnos vaian deixando escritos.

Neste trimestre a proposta é  deixar adiviñas, refráns, trabalinguas ou cantigas que se refiran ao outono escritas en papeis con forma de follas, cogomelos, landras, castañas...

Agardamos axiña se enchan, logo recolleranse e confeccionaranse libriños para a Biblioteca.

BENVIDA DE POPI

BENVIDA DE POPI

¡Ola!

Son Popi, a mascota da Biblioteca do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" de Ponteareas (Galicia) e douche a benvida ao meu blog. Nel vas atopar información abraiante sobre o meu mundo dos libros. ¿Queres viaxar comigo? VEN.