Blogia

Viaxa con Popi ao mundo dos libros

CHAMÁDEME SIMBAD

CHAMÁDEME SIMBAD

 

Francisco Castro é escritor, coordinador de Novos Proxectos na Editorial Galaxia e blogueiro.

O autor, nacido en Vigo, leva moitos anos traballando no campo da comunicación e a xestión cultural.É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para a animación á lectura e o debate cultural dende a súa concurrida bitácora A canción do náufrago”.

A súa carreira como escritor comezou en 1991 coa publicación de Amor de cinema, ao que lle seguiron outros títulos coma:

  • A canción do náufrago
  • As palabras da néboa
  • O ceo dos afogados
  • Play-Back
  • Río Leteo
  • Spam
  • Un bosque cheo de faias
  • Xeografías
  • Xeración Perdida

O libro de Francisco Castro que estamos a traballar no club de lectura é Chamádeme Simbad, publicado pola Editorial Galaxia no ano 2009.

 

 

CÓMO COMPLACER A TODO EL MUNDO SIN DEJAR DE HACER... LO QUE UNO QUIERE

CÓMO COMPLACER A TODO EL MUNDO SIN DEJAR DE HACER... LO QUE UNO QUIERE

Klaus-Peter Wolf (1954, Gelsenkirchen, Alemaña) tiña oito anos cando vendeu o seu primeiro libro a un amigo do colexio. Despois de viaxar por toda Europa, dirixiu un albergue xuvenil e unha editorial.

 

Dende 1979 viven en Colonia, onde se dedica a escribir. Publicou máis de cincuenta obras e escribiu cerca de cincuenta guións para series de televisión. É un dos autores alemáns máis importantes no ámbito da literatura infantil e xuvenil. As súas obras foron traducidas a máis de 19 idiomas.

 

Recibiu numerosos premios coma o Anne-Frank, o Magnolia Award Shanghai…

 

A prestigiosa revista Spiegel, no seu número especial sobre “Educación”, destacaba entre as dez mellores obras o seu libro, El mago de Tauste.

 

Podedes atopar máis información sobre Klaus-Peter Wolf na súa páxina:

http://www.microsofttranslator.com/bv.aspx?ref=SERP&br=ro&mkt=es-ES&dl=es&lp=de_es&a=http%3a%2f%2fwww.klauspeterwolf.de%2fAktuelles.html

O CARTEIRO DE BAGDAD

O CARTEIRO DE BAGDAD

Marcos Calveiro naceu en 1968.

 

Nun principio quixo ser arqueólogo, debuxante de cómics, músico e arquitecto, pero acabou exercendo de avogado.

 

Gañou o VIIº Premio de Poesía Concello de Carral, o premio Ala Delta e o Lazarillo.

 

Ademáis d’O carteiro de Bagdag, publicou os seguintes libros:

 

  • Sari, soñador de mares.
  • Rinocerontes e quimeras.
  • Festina lente.
  • O canto dos peixes.
  • Cartas do terceiro día.
  • O pintor do sombreiro de malvas.

 

Se queredes consultar o seu blog: http://alfaias.blogaliza.org/

 

OS COMELIBROS

OS COMELIBROS

Xa lle temos nome ao Club de lectura: Os comelibros.

O venres pasado tivemos a primeira xuntanza co alumnado que vai participar no club.

Os libros que imos ler este mes son:

  • O carteiro de Bagdag, de Marcos Calveiro.
  • Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere, de Klaus-Peter Wolf.

Este club de lectura non sería posible sen a colaboración de:

  • Edicións Tambre, que nos fixo un moi bo agasallo.
  • A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, por enviarnos agasallos para o alumnado participante.
  • Beatriz González, do Bibliobrey, por animarnos, asesorarnos e prestarnos libros.
  • Das mestras que se apuntaron ao proxecto sen dubidalo.
  • Do alumnado que está a mostrar moita ilusión por participar no club.
  • E, como non, ao director, Regino Garrido, que aposta polo libro e a lectura a pesar de que os Centros de Educación Primaria non contemos cun presuposto para estes proxectos.

Grazas.

1º CLUB DE LECTURA DO COLE

1º CLUB DE LECTURA DO COLE

Este mes de febreiro daremos comezo ao primeiro club de lectura do CEIP Nosa Señora dos Remedios para o alumnado de 6º de Educación Primaria.

As mestras que van dirixir ao alumnado nesta viaxe son: Mar Martínez, Elena Justo, Marisé Roca, Margarita Loureiro e Susana Lamela.

Debido á masiva afluencia por parte do alumando para participar no club, realizaremos unha selección entre os que se apuntaron.

Nos vindeiros días irémosvos informando do nome do club e da organización das diferentes sesións.

O NOSO CALENDARIO DO 2010

Este é o calendario do 2010 feito polo alumnado do noso colexio, baixo a coordinación do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

Velaí os gañadores dos relatos de medo

Durante o mes de novembro e decembro tivemos a posibilidade de escoitar na biblioteca os relatos de medo escritos polo alumnado de Primaria.

Pasamos moito, pero que moito medo...........

 

E deixou de chover...

...para poder facer o magosto!!!!!

Samaín na biblioteca

 

EQUIPOS DE TRABALLO

EQUIPOS 2º TRIMESTRE

Co gallo de dinamizar e fomentar o uso da nosa lingua, ao longo do curso veñen funcionando uns Equipos de traballos con alumnos e alumnas de 6º de E. Primaria, estes equipos encarganse de facer de locutores no programa de radio escolar semanal e a edición do noso  xornal de cada trimestre.

ESPECIAL RADIO FALADORA

ESPECIAL RADIO FALADORA

PROGRAMA ESPECIAL RADIO FALADORA

 

O pasado venres día 15 de maio levouse a cabo a gravación dun programa especial de Radio Faladora, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. A súa emisión cerrou o acto do día o pasado 18 de maio.

Este programa tivo un invitado especial que foi Xoán Xosé Pérez Labaca, falounos daalgunhas das tradicións  da vila, como son a Feira das Cabazas, a Romaría da Picaraña  e como non a Festa do Corpus.

 

 

CONTACONTOS

CONTACONTOS-KALANDRAKA

O pasado día 15 de maio a editorial Kalandraka agasallou ao colexio cunha actividade de contacontos na Biblioteca para os alumnos e alumnas de 2º.

Dende aquí moitas GRAZAS a esta editorial polo seu gran traballo a prol da lectura e o idioma. Ademais a  actividade resultou moi positiva e gratificante tanto para os nosos alumnos e alumnas coma para os mestres e mestras acompañantes. Outra vez GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

CONCURSO

CONCURSO: "SOÑOS DE ANDEL"

Despois  dos actos da semana do Día do Libro, contacontos, charlas e talleres literarios coa autora do libro "Soños de andel", Susana Lamela; propuxose dende a Biblioteca un concurso con preguntas sobre o libro que os alumnos e alumnas foron respondendo e deixando nunha caixa.

A semana pasada abriuse a caixa e agasallouse aos acertantes cun libro asinado pola autora.

LEMAS A PROL DO GALEGO

LEMAS POLO GALEGO

Os alumnos e alumnas de 3º de E. Primaria, co gallo da celebración do Día das Nosas Letras e en homenaxe a Ramón Piñeiro López, un gran traballador e defensor pola difusión e uso do galego; elaboraron uns carteis con diferentes lemas en prol do uso do Galego.

Dende aquí agardamos pensedes coma estes alumnos e alumnas e xuntos todos e todas os levemos a práctica diaria. Agora disfrutate destes carteis.

SEMANA DO LIBRO

SEMANA DO LIBRO

Co gallo da celebración do Día do Libro, dende a Biblioteca levouse a cabo sesións de Contacontos e lectura do libro de Susana Lamela, "Soños de andel". En E. Infantil estas sesión foron a cargo das mestras con intercambio de aulas. En E. Primaria ademais fixeronse sesións de obradoiro-entrevista con Susana Lamela e o seu libro.

Nas galerias de imaxes amosase algo do que se realizou nestas semanas.

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2009

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ

Achégase a data da conmemoración do Día das nosas Letras, e como todos os anos no colexio imos traballando o autor, este ano Ramón Piñeiro, paseniñamente dende comezos do ano. Entre todos vaise participando na elaboración dun mural no corredor do colexio, ao que se lle van engadindo datos a medida que o curso avanza, primeiro comezase coa caricatura e nome, logo biografía, datos históricos relacionados co autor e  lemas en prol da defensa do idioma. Cada nivel vai facendo a súa aportación.

Pero para que poidamos seguir coa investigación e traballando o autor, hai unha serie de ligazóns que podemos aproveitar, dado que outros compañeiros elaboraron e colgaron na rede para compartilos con todos nós. Dende aquí grazas por ese  gran traballo.

* á páxina da wikipedia sobre Ramón Piñeiro López:

http://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Pi%C3%B1eiro

 * á páxina sobre Ramón Piñeiro do Seminario Galán:

http://www.seminariogalan.org/

* á páxina sobre Ramón Piñeiro:

http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeados/escritores/ramon_pineiro_lopez.html

* á páxina da  Real Academia Galega.

* á  páxina da Enciclopedia en galego Galipedia.

* á páxina   Vida e obra na BVG.

* á páxina  http://www.filosofia.org/ave/001/a072.htm..

 

ACTIVIDADES PARA A DINAMIZACIÓN DA NOSA LINGUA

DINAMIZACIÓN DA LINGUA

Para a dinamización da lingua galega no noso cole o Equipo de Biblioteca, o de Normalización e Dinamización e Actividades complementarias colaboran propondo actividades para que os obxectivos se leven a cabo. A continuación aparece unha relación das actividades máis salientables.

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

O 2º trimestre chega ao seu remate e queremos amosar as actividades levadas a cabo pola Biblioteca e a súa mascota Popi.

O primeiro concurso do Sabichondo, nel os rapaces e rapazas tiñan que adiviñar que profe correspondia coa foto antiga que aparecía no panel.

E como non, houbo gañadores.Os recunchos máis visitados foron o de investigación e o taller de confección de cortinas.

Tamén houbo outro concurso do Sabichondo, esta vez ía de dinosaurios, había que adiviñar o nome.

Por suposto houbo gañadores tamén.

A nosa Biblio tamén chegaron moitos, moitos libros, primeiro para catalogar e logo serán para que o pasedes moi ben coas súas aventuras.

E unha sorpresiña máis, temos máis equipos informáticos para que veñades traballar moito e por suposto investigar pois son para o recuncho de investigación.

PROGRAMAS RADIO FALADORA

No seguinte enlace pódese ver e ler unha recopilación dos dez programas de radio emitidos durante o 2º trimestre.

Como xa sabedes o programa emítese os xoves despois do recreo de Primaria, pero por se alguén non o puído escoitar ese día ou quere voltar a escoitalo, cada semana tamén aparece aquí nesta páxina o enlace para o programa desa semana. E no remate de cada trimestre faise unha recopilación do guión escrito do programa.

Agardamos sexa do voso interese e tamén se aceptan suxerencias para mellorar.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/prog_radio_2__t

BANDA DESEÑADA

CORRELINGUA 2009-BANDA DESEÑADA

Os alumnos e alumnas de 2º A participaron no concurso de BANDA DESEÑADA proposto polo Correlingua co lema "O GALEGO. PASAO".

Non acadaron premio pero nós dende o cole estamos moi orgullosos do seu traballo e participación xunto coa súa titora. Moitas felicitaciós e parabéns!!!

Aínda que o seu trabllo está exposto nos correspondentes Recunchos de Galego, se pinchades no seguinte enlace podedes ver este traballo.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/bandacorrelingua

UNHA COMPAÑEIRA, ESCRITORA GALEGA

 

Dende este mes de marzo, xa de xeito oficial, temos como compañeira unha nova escritora galega. O seu primeiro libro foi publicado, "Soños de andel". Moitas felicitaciós para ela e toda unha honra para nós.

Ademais para nós unha sorte engadida, pois tiñamos solicitado un obradoiro literario e non foi concedido polo que agora agrdamos que Susana, a nosa compañeira escritora, se preste "voluntaria" (ja,ja, ja) para levar a cabo esta actividade da Semana do Libro. Así que dende aquí parabens para todos!!!

 

http://issuu.com/esther.prieto/docs/susana_lamela

 

 

O NOSO CONCELLO

PONTEAREAS

Un grupo de alumnos e alumnas de 6º B levaron a cabo un traballo de investigación sobre o noso concello, para facilitar información e o mesmo tempo dinamizar o uso da nosa lingua.

Moitas grazas polo seu traballo e por compartilo con todos nós.

 http://issuu.com/esther.prieto/docs/ponteareas