Blogia

Viaxa con Popi ao mundo dos libros

GRUPO A

CÓMO COMPLACER A TODO EL MUNDO SIN DEJAR DE HACER LO QUE UNO QUIERE

 

1. ANDREA DÍAZ

2. EVA VARELA

3. ADRIÁN GONZÁLEZ

4. ANGÉLICA VALENCIA

5. AINHOA RODRÍGUEZ

6. DAMIEN MARTÍNEZ

7. NURIA FERNÁNDEZ

8. NEREA VILAS

9. GLORIA ESPIÑEIRA

10. ALBA CASTRO

11. PEDRO HENRIQUE

12. DAVID PAZO

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

VOLVEN OS COMELIBROS

NO MES DE XANEIRO COMEZAREMOS DE NOVO CO

CLUB DE LECTURA OS COMELIBROS!!!!

 

Os libros cos que imos traballar son:

 

GRUPO A: COMO COMPLACER A TODO EL MUNDO SIN DEJAR DE HACER LO QUE UNO QUIERE.

 

GRUPO B: AGUALUNA

 

GRUPO C: CHAMÁDEME SIMBAD

GAÑADORA DO RECUNCHO DE INVESTIGACIÓN

A GAÑADORA DO CONCURSO DE INVESTIGACIÓN

"O RECUNCHO DE POPI" FOI:

ESTHER PORRIT DE 6ºC

NORABOA!!!

RESPOSTAS AO RECUNCHO DE POPI

1. Quen dá os premios Príncipe de Asturias?

O Príncipe Felipe.

2. A que campos están adicados?

Ciencias Sociais, Artes, Investigación Científica e Técnica, Comunicación e Humanidades, Cooperación internacional, Letras, Concordia e Deportes.

3. A quen lle deron o premio das Letras este ano?

A Leonard Cohen.

O samaín

GAÑADORES DO XOGO DO SABICHONDO

Os gañadores do mes de outubro son:

1. Miguel      2ºA     10. Abraham   6ºA

2. Susana     2º B    11. Ángel       6ºA

3. Laura       2ºB     12. Alba         6ºA

4. Omar       3ºB     13. África        6ºB

5. Lome       3ºB     14. Damián     6ºB

6. Elena       3ºB     15. Tania        6ºB

7. Ainhoa     3ºB     16. Uxía         6ºB

8. Andrés     5ºA     17. David P.     6ºB

9. Diego      5ºA     18. Esther       6ºC

 

RESPOSTAS AO XOGO DO SABICHONDO

As respostas da 1ª edición do Xogo do Sabichondo relacionado co vocabulario do Samaín son:

1. Vampiro

2. Esqueleto

3. Fantasmas ou pantasmas

4. Araña

5. Morcego

6. Morto

7. Castelo

8. Cabaza

9. Bruxa ou meiga

 

Gisbert no Comelibros de abril e maio: Agualuna

Gisbert no Comelibros de abril e maio: Agualuna

Joan Manuel Gisbert (Barcelona, 1949) é un destacado escritor español de literatura infantil e xuvenil. As súas obras foron traducidas a vinte linguas e obtivo importantes premios de ámbito nacional coma o Premio Larazarillo (El misterio de la isla Tökland), o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (El museo de los sueños), entre outros.

Nas súas obras, Gisbert desenvolve singulares aventuras que parten da vida real, da que tamén forman parte os soños e os contidos da imaxinación, para adentrarse nas zonas descoñecidas da realidade, sen descoidar nunca a dimensión artística da escritura nin a riqueza expresiva da linguaxe.

En Agualuna, Amelia abandona os seus país, enfermos de peste e viaxa con outras persoas que fuxen da enfermidade. Ao pouco tempo, un accidente lévaa a separarse do grupo e continuar soa. Atópase cunha muller rara, Bruna, que a acolle na súa casa e a rebautiza co nome de Agualuna. Bruna é en realidade unha bruxa.

XUNTANZA DOS COMELIBROS "GRUPO B" O DÍA 5 DE ABRIL

Marcos Calveiro no Comelibros de abril e maio: O carteiro de Bagdag

Marcos Calveiro no Comelibros de abril e maio: O carteiro de Bagdag

Estamos en Bagdad , a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos das mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado.


A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa que non xogan na rúa. Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.

Marcos Calveiro naceu en 1968 en Vilagarcía de Arousa.

Nun principio quixo ser arqueólogo, debuxante de cómics, músico e arquitecto, pero acabou exercendo de avogado.

Gañou o VIIº Premio de Poesía Concello de Carral, o premio Ala Delta, o Lazarillo e o Raíña Lupa.

Ademáis d’O carteiro de Bagdag, publicou os seguintes libros:

Sari, soñador de mares.

 Rinocerontes e quimeras.

Festina lente.

O canto dos peixes.

Cartas do terceiro día.

O pintor do sombreiro de malvas.

Settecento.

Centauros do Norte.

Se queredes consultar o seu blog: http://alfaias.blogaliza.org/

XUNTANZA DOS COMELIBROS "GRUPO A" O DÍA 4 DE ABRIL

CLUBE DE LECTURA. OBRA: KIKA SUPERBRUXA NO SALVAXE OESTE

Gupo B: reuniuse o martes día 1 de marzo e trataron " Kika Superbruxa no Salvaxe Oeste" de Knister.

A profe Marga fixo unha introducción sobre o autor.
Samuel Casales 6ºA comentou que vira a película sobre o primeiro libro de  Kika, onde este perxonaxe atopa o seu libro de maxia.
Lara de 6º B  fixo un resumo do libro moi ben redactado, expresado e moi sintetizado, e por elo a felicitamos.
Martín 6ºA, destacou unha frase que aparece no libro: "os irmáns Tornado eran máis rápidos co seu colt que o perruqueiro coas súas tesoiras."

EDICION DE XANEIRO DO CONCURSO: “ XOGO DO SABICHONDO” adicado ao ano internacional dos bosques.

Os nenos e nenas deben identificar 9 imaxes que corresponden a 9 tipos diferentes de bosques.

As respostas  correctas son:

  1. PIÑEIRO

  2. EUCALIPTO

  3. CARBALLO

  4. CASTIÑEIRO

  5. PLATANEIRO

  6. VIMBIEIRO

  7. ACIVRO

  8. SAUCE CHORÓN/SALGUEIRO CHORÓN

  9. MIMOSAS

  GAÑADORES DO XOGO DE SABICHONDO

1º A- MIGUEL BARREIRO

2ºB- OMAR GORIS

4ºA- ANDRÉS GÓMEZ

4ºA- FERNANDO

4ºB ZAIRA 

5ºA ANGEL BARREIRO

5ºB- ÁFRICA GORIS

5ºB –ERIKA

5ºB- LAURA

5ºC- PARIS

5ºC- NEREA VILAS

 6º A- IVÁN FERNÁNDEZ

6ºA- SANTI

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

CLUBE DE LECTURA GRUPO B

 OBRA: CHAMÁDEME SIMBAD

 

O principio da charla preguntouse: coñecedes a alguén que teña alzheimer?.

algúns responderon:

 

  • Santiago Cuevas ( 6ºA) :” A bisavoa dun veciño fala coa miña avoa que xa morreu e ademàis sempre está a recordar cando ela era unha nena pequena “.

 

A actitude do pai do protagonista do libro (Simbad) co seu teléfono varios rapaces opinaron o que segue:

 

  • Santiago (6ºA): “O pai ten un vicio: falar por teléfono”.

  • Samuel (6ºA): “só atende o teléfono e non conta coa familia”.

  • Lara (6ºB): “Debe pagar unha boa factura de teléfono”.

 

O máis comentado foi a solución final da historia, coa que todas estaban de acordo. coa puntualización seguinte:

 

  • Iván (6ºA): “ A nosa avóa vive con nós na casa, e agora temos que coidala porque é maior e ela nos coidou a nós cando éramos pequenos”.

 

 

 

 

CLUBE DE LECTURA: GRUPO A (Luns 24 de Xaneiro)

Obra : KIKA SUPERBRUXA NO SALVAXE OESTE

Naila, de 6ºA, comentou que lle gustaran os proverbios indios que aparecían na obra 

A Ylenia de 6ª A pareceulle moi curioso o nome do personaxe chamada “empanadilla de carne”, que era a dona do saloon no salvaxe oeste.

O profe Bernardo, sinalou que botaba de menos na novela as palabras dos conxuros de Kika.

 

Os Comelibros no mes de febreiro: Chamádeme Simbad

Os Comelibros no mes de febreiro: Chamádeme Simbad

    O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos...

    Chamádeme Simbad é un libro do escritor, coordinador de Novos Proxectos na Editorial Galaxia e blogueiro Francisco Castro. 

    O autor, nacido en Vigo, leva moitos ans traballando no campo da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para a animación á lectura e o debate cultural dende a súa concurrida bitácora “A canción do náufrago”.

 

Os Comelibros no mes de febreiro: Kika Superbruxa no Salvaxe Oeste

Os Comelibros no mes de febreiro: Kika Superbruxa no Salvaxe Oeste

Desde que un bo día atopou un libro de maxia ao carón da súa cama, a Kika encántalle facer feitizos, aínda que a verdade é que ás veces os seus esconxuros teñen consecuencias inesperadas… ¿Que foi o que sucedeu para que Kika se trasladase por primeira vez ao Salvaxe Oeste? ¿Como coñeceu a Empanada Decarne, a Roque Músculos e a Tumbi, o enterrador? ¿Os irmáns Tornado xa eran tan malos malísimos antes das aventuras de Kika Superbruxa e os indios? Pois prepárate, cowboy, porque saberás de todo iso e dun feixe de cousas máis nesta nova historia de Kika Superbruxa!

 Kika Superbruxa no Salvaxe Oeste é un libro do escritor Ludger Jochmann, máis coñecido como Knister. Este autor alemán comezou a serie publicando o título Kika Superbruxa detective.

Os libros están sempre divididos en catro ou cinco capítulos cada un e posúen dous trucos para realizar sobre o tema do que trata o libro.

Knister estudou pedagoxía social. Ademais de libros infantís tamén escribiu obras de teatro e presentou programas de lectura na televisión, a radio, bibliotecas, teatros e librerías. Realizou traballos para mozos e mozas discapacitados psíquicos, cegos etc.

O samaín

O pasado venres 29 de outubro celebramos o Samaín no cole. Durante o recreo na biblio tivemos varias actuacións para festexalo. Os nenos de 1ºB  estaban todos disfrazados de pantasmas e deleitáronnos con dúas cancións en inglés, tituladas: “I Llike Halloween” e “Trick or treat”.

Uns alumnos de 3º ciclo contáronnos algunhas historias arrepientes, que daban moito, moito medo e lendas como a historia da “Coca de Redondela”: Loida de 6ºB, Patricia de 6ºB e Ángel de 5ºA. 

O profe de inglés Hill estivo connosco este día de celebración, disfrazándose de monxe malvado e fixemos con el a tradición do “Trick or treat”.

Dende o Equipo de Biblioteca agradecemos  a colaboración do departamento de inglés, dos Equipos de Normalización Lingüística, de Actividades e moi especialmente, do de Imaxe coa profe Ceci.

ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO

ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO

Hoxe tivemos no cole o encontro co escritor Francisco Castro.

Falounos do seu libro Chamádeme Simbad, falounos do Alzheimer, falounos dos seus novos proxectos editoriais que están a piques de saír do prelo, entre outras moitas cousas.

O noso alumnado non perdeu conta da batería de preguntas que levaban preparadas. Coas respostas do autor descubriron canto tempo lle levara escribir o libro, en quen se inspirara para escribilo...

Moitas grazas Francisco por agasallarnos con este encontro.

 

Francisco Castro no Club de lectura

Francisco Castro no Club de lectura

O vindeiro luns 14 de xuño, os participantes no club de lectura poderemos gozar da visita do escritor Francisco Castro que nos falará do seu libro Chamádeme Simbad.

O alumando está a preparlle unha sorpresa.

Estamos desexando que chegue o luns.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

"OS COMELIBROS" NO FARO DE VIGO

AVENTURAS DE "LA MANO NEGRA"

AVENTURAS DE "LA MANO NEGRA"

Hans Jürgen Press autor autor e ilustrador do libro que traballamos no Club de lectura, Aventuras de “la mano negra”, naceu en 1926 nunha vila alemá moi próxima aos lagos Masurianos.

Tiña cinco anos cando comezou a debuxar. Durante a guerra realizou moitos bosquexos do mundo animal e vexetal e por esas datas publicou os seus primeiros debuxos humorísticos.

Publicou na prensa debuxos satíricos, caricaturas, historietas e pasatempos.

Os seus libros son de tipo policíaco infantil e xuvenil, nos que destacan as ilustracións, xa que con elas se pode resolver unha serie de enigmas propostos nos textos.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres